Sunday, November 26, 2006

Esperanza antisistema


É a frase da semana, sen dúbida ningunha "no tener pagas extra me tiene mártir.... No es que haga números a final de mes, ¡es que muchas veces no llego!" (xornal.com). Unha boa publicidade para un libro (a biografía de Esperanza Aguirre que seguramente acabará coma

un best seller deses). Si, ten motivado comentarios de todo tipo, como por exemplo o que aparece en “Betanceiros que queredes”. Ou esta outra que recolle frases divertidas, ou non, desta señora. Entre elas esta "Sara Mago, una excelente pintora" (Refiriéndose al Premio Nóbel de Literatura José Saramago.1997.) ou estoutra tan preocupante "Cataluña acabaría hundida en un régimen nacionalista-socialista en el que se impondría el pensamiento único. No sé si decir que nos tratan como si fuéramos judíos en la Alemania nazi, como decía Francesc de Carreras (miembro de Ciutadans de Catalunya) en un artículo..."
E que realmente non hai nada que radicalice máis que chegar mal a fin de mes. Esperanza Aguirre, abandeirada dun partido de Orden, derivando cara un partido antisistema como se quere definir a si mesmo Ciutadans de Catalunya.

Comments: Post a Comment



<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?