Thursday, January 25, 2007

Humorista

Faise eco Mundo Galiza dunhas declaracións do noso gran humorista Aznar ao xornal Il Messaggero sen desperdicio. Baixo o suxerinte título “por que hai que defender a Israel” prosigue en clave de humor defendendo que Israel ten “vínculos morais, políticos, económicos, culturais, históricos e estratéxicos con nós”. Claro está que despois solicita o ingreso de Israel na Alianza Atlántica, quedando claro que ese “nós”, non se refire á “civilización” occidental senón a “militarizada” alianza atlántica. Acto seguido, e facendo gala do seu pacifismo e prudencia, pide que as ameazas de Irán “non deben quedar impunes”. E que a estes grandes homes a destrucción de Iraq quédaselles pequena.

Como comentan en “Betanceiros que queredes” para min que este esta a pedir unha terceira guerra mundial e a abolición de todo tipo de culturas minoritarias.

E é que hai humoristas perigosos.

Labels: ,


Tráxico.

E aínda pode acabar nunha traxedia maior. O empecinamento de De Juana Chaos en seguir a folga de fame e o da Audiencia Nacional (12 votos a 4) de castigalo sen piedade por estes artigos de opinión: "Gallizo" e "El escudo", (a condena polos seus crimes reais xa a cumpriu) poden crear unha evitábel espiral de violencia en Euskadi. A esperanza estánnola matando.


Como reflexión recomendo ver esta de "o demo me leve" (e, dentro dela, tamén o enlace a Iñaki Anasagasti dende "escrever").

Labels: , ,


Friday, January 19, 2007

Península (Rotos por eta. Referendo en Portugal, Pescanova segue presionando)

Aínda seguimos rotos emocionalmente pola ruptura da tregua polos criminais etarras. Un tema do que xa hai moitos que falan. Eu, simplemente, espero que acabe o pesadelo, que ao fin nos deixen falar do noso futuro aos pobos desta península, sen violencias de ningunha caste que nos queiran impor unhas fronteiras cada vez máis claramente sen sentido.


E a península segue a súa vida. Cada vez está máis próximo o 11 de febreiro, día en que será sometida a referendo en Portugal a posibilidade de despenalizar o aborto. Portugal é, xunto con Chipre, Malta, Irlanda, Polonia e Andorra, un dos únicos estados europeos que penaliza ás mulleres que abortan. Con este motivo a
Marcha mundial das mulleres en Galiza convoca a Campaña a prol da despenalización do aborto previa ao referendo en Portugal.

E nesta banda do Miño segue a presión de Pescanova para conseguir terreos e cartos para a súa industria, nunha campaña con amplos apoios mediáticos o que leva a Vieiros.com a realizar este escaneado: “Arramplamos co país ou apostamos polo crecemento sustentábel?”.

.

This page is powered by Blogger. Isn't yours?