Friday, January 19, 2007
Península (Rotos por eta. Referendo en Portugal, Pescanova segue presionando)
Aínda seguimos rotos emocionalmente pola ruptura da tregua polos criminais etarras. Un tema do que xa hai moitos que falan. Eu, simplemente, espero que acabe o pesadelo, que ao fin nos deixen falar do noso futuro aos pobos desta península, sen violencias de ningunha caste que nos queiran impor unhas fronteiras cada vez máis claramente sen sentido.
E a península segue a súa vida. Cada vez está máis próximo o 11 de febreiro, día en que será sometida a referendo en Portugal a posibilidade de despenalizar o aborto. Portugal é, xunto con Chipre, Malta, Irlanda, Polonia e Andorra, un dos únicos estados europeos que penaliza ás mulleres que abortan. Con este motivo a Marcha mundial das mulleres en Galiza convoca a Campaña a prol da despenalización do aborto previa ao referendo en Portugal.
E nesta banda do Miño segue a presión de Pescanova para conseguir terreos e cartos para a súa industria, nunha campaña con amplos apoios mediáticos o que leva a Vieiros.com a realizar este escaneado: “Arramplamos co país ou apostamos polo crecemento sustentábel?”.