Thursday, January 25, 2007
Humorista
Faise eco Mundo Galiza dunhas declaracións do noso gran humorista Aznar ao xornal Il Messaggero sen desperdicio. Baixo o suxerinte título “por que hai que defender a Israel” prosigue en clave de humor defendendo que Israel ten “vínculos morais, políticos, económicos, culturais, históricos e estratéxicos con nós”. Claro está que despois solicita o ingreso de Israel na Alianza Atlántica, quedando claro que ese “nós”, non se refire á “civilización” occidental senón a “militarizada” alianza atlántica. Acto seguido, e facendo gala do seu pacifismo e prudencia, pide que as ameazas de Irán “non deben quedar impunes”. E que a estes grandes homes a destrucción de Iraq quédaselles pequena.
Como comentan en “Betanceiros que queredes” para min que este esta a pedir unha terceira guerra mundial e a abolición de todo tipo de culturas minoritarias.
E é que hai humoristas perigosos.
Labels: Aznar, ultradereita
Tráxico.
E aínda pode acabar nunha traxedia maior. O empecinamento de De Juana Chaos en seguir a folga de fame e o da Audiencia Nacional (12 votos a 4) de castigalo sen piedade por estes artigos de opinión: "Gallizo" e "El escudo", (a condena polos seus crimes reais xa a cumpriu) poden crear unha evitábel espiral de violencia en Euskadi. A esperanza estánnola matando.
Como reflexión recomendo ver esta de "o demo me leve" (e, dentro dela, tamén o enlace a Iñaki Anasagasti dende "escrever").
Labels: eta, nacionalismo, violencia
Friday, January 19, 2007
Península (Rotos por eta. Referendo en Portugal, Pescanova segue presionando)
Aínda seguimos rotos emocionalmente pola ruptura da tregua polos criminais etarras. Un tema do que xa hai moitos que falan. Eu, simplemente, espero que acabe o pesadelo, que ao fin nos deixen falar do noso futuro aos pobos desta península, sen violencias de ningunha caste que nos queiran impor unhas fronteiras cada vez máis claramente sen sentido.
E a península segue a súa vida. Cada vez está máis próximo o 11 de febreiro, día en que será sometida a referendo en Portugal a posibilidade de despenalizar o aborto. Portugal é, xunto con Chipre, Malta, Irlanda, Polonia e Andorra, un dos únicos estados europeos que penaliza ás mulleres que abortan. Con este motivo a Marcha mundial das mulleres en Galiza convoca a Campaña a prol da despenalización do aborto previa ao referendo en Portugal.
E nesta banda do Miño segue a presión de Pescanova para conseguir terreos e cartos para a súa industria, nunha campaña con amplos apoios mediáticos o que leva a Vieiros.com a realizar este escaneado: “Arramplamos co país ou apostamos polo crecemento sustentábel?”.
Friday, December 01, 2006
O Psoe tamén sabe facer vídeos
E o PSOE sacoulles un vídeo. Moito menos imaxinativo. ¡Con dicir que se centra no lugar (España) e no tempo (Goberno de Aznar) de que quere falar!. Bótase en falta a desbordante imaxinación do PP e a súa capacidade para xogar co espacio-tempo, moi superior, hai que recoñecelo, á do mesmísimo Einstein.
O vídeo sentou mal a Josemari e, dende logo, ao PP que volveu a usar conceptos brillantes (ladran) para referirse ao PSOE. Pero a dicir verdade, tampouco sentou moi ben a outra xente. Que un partido de paz se enorgulleza de que fai menos pola paz que o partido da guerra... pois iso. Dende Odón Elorza (PSOE), ata PNV ou batasuna (necesarios para o proceso de paz) criticaron, non tanto o vídeo, coma o guión.
Enlaces deste comentario:
Josemari en mundogaliza
zaplana en xornal.com
manifestación en xornal.com
vídeo PP e vídeo PSOE en Braisgz
Críticas de PNV e batasuna en Deia.
Sunday, November 26, 2006
un best seller deses). Si, ten motivado comentarios de todo tipo, como por exemplo o que aparece en “Betanceiros que queredes”. Ou esta outra que recolle frases divertidas, ou non, desta señora. Entre elas esta "Sara Mago, una excelente pintora" (Refiriéndose al Premio Nóbel de Literatura José Saramago.1997.) ou estoutra tan preocupante "Cataluña acabaría hundida en un régimen nacionalista-socialista en el que se impondría el pensamiento único. No sé si decir que nos tratan como si fuéramos judíos en la Alemania nazi, como decía Francesc de Carreras (miembro de Ciutadans de Catalunya) en un artículo..."